Biografía
Rubén Coca é licenciado en comunicación audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, Rubén desenvolveu unha prolífica traxectoria como creador e promotor na música e o audiovisual galego. Comezou a realizar curtametraxes aos 21 anos. “La vida mata” (1999), "El fruto del tedio" (2000), “Aquí no hay playa” (2001) e "NotamotoF", que acadou unha grande difusión en máis de 50 festivais internacionais. Así mesmo traballou para TVE, Canal 9, TVG e a empresa Nezcom coa que produce numerosos spots e videoclips. En 2007 realiza a peza experimental "Ecos/Echoes" (2007), "La princesa Alegría" (2008), (premio Mestre Mateo) e "Mínimo común múltiplo" (2008). No 2009 produce a primeira curta de animación, "La niña que tenía una sola oreja" (2009), acadando máis de 15 premios nacionais e internacionais e seleccionada en 70 festivais por todo o mundo. En 2010 co-produce xunto a Carlos Alberto Alonso a longametraxe documental "Roger de Flor: naturalidade silvestre", nominada ao Mestre Mateo á mellor longametraxe documental. Dende 2007 compaxina o audiovisual coa xestión e dirección de eventos culturais e cinematográficos a través de "Artyc Content" e como director de programación da sala de concertos "Super 8" de Ferrol.
