Biografía
Sofía Naseiro é unha cineasta chairega, documentalista con interese na memoria das mulleres e na da nosa terra. Segue a máxima de José Gil “Ninguén morre de todo se lle fas unha película”. A súa paixón é o estudo do cinema, ao que adica un proxecto transmedia, kinocube, que se materializa nunha bitácora escrita e máis unha canle de YouTube no que reflexiona sobre os arquetipos cinematográficos que se repiten ao longo da historia do cinema. Entre os seus traballos documentais, destaca o Proxecto Xorima, do que é directora e produtora, adicado a homenaxear ao grupo de folk galego Xorima, reunindo aos seus membros orixinais despois de 40 anos.
