Ir ao contido principal
Víctor Hugo Seoane

Víctor Hugo Seoane

1982Vigo

Novo cineasta galego que non deixa de sorprender en cada un dos empeños nos que se mete.

Biografía

 Víctor Hugo Seoane é fillo de emigrantes en Alemaña. Licenciouse no 2004 en Comunicación Audiovisual pola Universidade Europea de Madrid. En 2003 estreouse na realización coa curtametraxe Vía muerta. Logo seguíronlle outros pequenos traballos como Uncertainity (2004), Catarse (2005), Traballos temporais (2006), Castillos de arena (2009), ata chegar a realizar Na distancia (2009). Nese ano realiza El vaivén, proxecto dentro do colectivo homónimo conformado por Jaione Camborda e Carlos Marcos. En 2015 estreará a súa primeira longametraxe, "Verengo" o resultado de cinco anos de viaxe inmersivo cara as raíces dos seus avós no mais profundo da montaña ourensana. A tensión entre a forma de vida moderna e os ritmos vitais da natureza é un dos sinais de identidade de todos os seus traballos.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Á beira do Aceiteiro
Ano
2014
Rol
Dirección