Sinopse
Breve inmersión nas augas dun río que noutrora bulía á par do renxer dos grandes rodicio
Cociña da peza
Para a Chanfaina'lab, Hugo apostou pola natureza en estado puro case por necesidade: “Levaba varios meses fora de Galicia e padecía un stress considerable. Precisaba bosques galegos, río e auga, moita auga e natureza brava…”. Así pois, colleu un folleto turístico do concello e partíu en solitario a percorrer a ruta do Aceiteiro, deixándose levar polo sons do río e da natureza ata facerse parte dela. O ecosistema salvaxe desta fermosa ruta ven enxergado nos restos de muíños que tinguen a ribeira do rego. Muíños que mesmo podemos oír traballando entre a auga grazas a un exquisito tratamento sonoro. O filme é unha invitación á relaxación e a deixarse levar pola beleza salvaxe desta paraxe única de San Sadurniño
"Víctor Hugo Seoane contempla a combinación do recordo do pasado e a forza da natureza para recuperar o que lle pertence. Tamén mira a vida de antano, actualizada cun equilibrio perfecto entre imaxe e son que mesmo nos permiten oír os muíños traballando. "Á beira do Aceiteiro" é un convite á relaxación e a deixarse levar pola beleza desta paraxe única de San Sadurniño. E tamén unha reflexión sobre aquel pasado en que existía un equilibrio case perfecto entre a natureza e o xeito en que as persoas lle tiraban proveito"
Equipo
Dirección
Galería
