Ir ao contido principal
Xavier Villaverde

Xavier Villaverde

1958A Coruña

Xavier Villaverde é unha figura clave do cinema e o audiovisual galego, pioneiro da videocreación dos 80 e autor dunha ampla obra recoñecida unanimemente entre a publicidade, a ficción e o documental

Edicións como cineasta
VII2022
Roles nas películas
Dirección

Biografía

Xavier Villaverde é un dos directores máis relevantes da historia do cinema e o audiovisual galego. Un dos autores senlleiros da videocreación española dos 80, con títulos tan emblemáticos como "Veneno Puro" ou "Alicia en Galicia Caníbal" que acadaron premios e recoñecementos en numerosos festivais internacionais. Realizador publicitario de máis de 200 spots, dirixiu varias longametraxes coma "Continental", "Fisterra", "Trece Badaladas", "Gitanos de Buenos Aires", "O sexo dos Anxos". Recentemente estreou "María Casares, a muller que viviu mil vidas" gañador do Mestre Mateo ao mellor documental (2023).

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película