Sinopse
Había unha vila onde reinaba a tranquilidade, onde pasear o carón do seu rio enchía a ialma de felicidade e o corazón de ledicia. Dous duendes obraron o milagre de converter os carballos, os castiñeiros e as acacias nunha fauna rechamante, que pousaron naquel prado, cheo de encanto, o que chamaron “A fraga máxica”. A maxia agromou e aqueles seres de boa madeira, comezaron a falar e tamén a cantar
Cociña da peza
Vitucho e algúns amigos artistas de Coruña crearon un colectivo de veteranos que denominaron "A Rigueira". Partían da súa primeira experiencia chanfaineira coa moi meritoria "A lenda do pozo dos donceis". Nesta edición despois de darlle unhas voltas na súa tertulia semanal apostaron por metérense directamente na animación a partir dos personaxes que habitan a "Fraga máxica" de San Sadurniño, construída por Carlos García e Marina Goti no Arboreto da Cortiña": "Basicamente o traballo consistiu en tomar fotogramas dos bonecos en distintas xornadas, en función da iluminación natural, e a partires da visión persoal dos tres fotógrafos que as realizamos, en consonancia coa idea que tiña deseñado a dirección e tendo en conta os diálogos de cadanseu. Máis laboriosa e complexa foi a parte correspondente á animación e efectos especiais, que se foron amañando e adaptando en función da súas frases. Así coma poñer nome a cada boneco en relación con lugares que correspondesen co concello de San Sadurniño"
"A fraga máxica" " é unha peza alegre e optimista, feita por veteranos, pero moi axeitada para o público infantil e chea de diálogos retranqueiros que deberon supor un bo feixe de horas de traballo en posprodución para insuflarlles vida propia aos seres inanimados. Ademais, a curta tamén pode entenderse como unha homenaxe aos seus artífices, os artistas “Carlos e Marina”: "A idea xurdiu para que aquelas figuras marabillosas tomaran vida a traveso da palabra e a música, e tiveran unha conversa con certo grao de retranca e gracia, máis que cantaran unha peza tradicional galega, “ O Miudiño” a que trocámoslle a letra, coa intención de provocar, naqueles que non coñezan San Sadurniño e a "Fraga Máxica", sentiran a necesidade de visitar a “Vila da Tranquilidade” e as vizosas figuras esculpidas pola “man e a motoserra” de Carlos e as ideas de Marina". Para a organización da Chanfainalab volve a ser un orgullo contar cun novo agasallo deste equipo de veteranos. Esta é unha peza colectiva na que interveñen moitas persoas e aporta pleno sentido ao espírito de tolerancia interxeracional do noso evento. Así pois, agardamos que na vindeira edición os nosos cineastas seniors sigan a crear novas historias tan divertidas que contribúen a medrar o imaxinario de San Sadurniño.
Equipo
Dirección
Equipo técnico
- Música, Guión, Realización
- Xosé M. Rabón
- Produción, Cámara
- Víctor Rico
- Cámara
- Xosé Castro
- Dirección de arte
- Francisco Otero
Música
Versión libre de "O miudiño"
Galería
