Ir ao contido principal

A vida que houbo

Francisco X. Cela

VIII Chanfaina Lab2023

Entre ruínas e lembranzas, a natureza escribe o derradeiro capítulo

Duración

Sinopse

A vida ábrese camiño e a natureza recupera o seu espazo no interior das casas abandonadas de diferentes parroquias de San Sadurniño

Cociña da peza

Francisco achegouse a San Sadurniño coa intención de facer unha obra que continuase o ronsel retranqueiro habitual das súas pezas para a rede, pero por unha serie de circunstancias decidiu abandonar o fío condutor inicial e trocou de plan ao decatarse de varias casas abandonadas polas parroquias de San Sadurniño con sinais explícitos da súa vida antiga: "Lembreime dos meus que xa non están, como as miñas avoas, e prevaleceu a idea de procurar a pegada do devalar do tempo; como a vida e a natureza retornan ao que sempre foi seu, convivindo cos restos dos devanceiros habitantes dos espazos. Mesmo tiven a idea de utilizar cartas da miña avoa para cementar mellor a peza, pero logo, a fermosa música que compuxo Belén Carril fíxome trocar de idea, porque a música fai o seu traballo mellor que as palabras".

"A vida que houbo" é un aposta lírica e persoal, cun estilo visual que procura a vida que aínda agroma entre o cemento e a memoria. "Si esta peza non fora miña gozaría ao vela. Penso que é moi levadeira para calquera público, aínda para o non cinéfilo. Eu quedei moi satisfeito porque é a primeira vez que me afasto do meu rexistro habitual, polo que esta peza converteuse nunha gran experiencia persoal reveladora". O lector interesado pode visionar o video que condensa a experiencia de Francisco Cela na Chanfainalab . Así pois, deixémonos acompañar da mirada deste prometedor cineasta lugués, polas texturas esvaídas do ser humano e a resiliencia da natureza a través de catro parroquias de San Sadurniño.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Música

Belén Carril Míguens

Galería

A vida que houbo