Ir ao contido principal

Café-Bar Santos peluquería

Sonia Méndez

I Chanfaina Lab2014

Un lugar onde o tempo se mestura entre tesoiras, café e partidas compartidas.

Duración
Localización
San Sadurniño

Sinopse

Retrato deste peculiar establecemento aberto en 1971 onde un pode cortar o pelo mentres toma un café ou bota a partida.

Cociña da peza

Sonia gravou o filme no popular establecemento fundado en 1971 por José María Santos, inspirada pola estética e peculiar atmósfera que intuíu neste espazo singular. Dos case 120 minutos de gravación editou esta peza que “plasma con mestría o universo presente e pasado -e un tanto cunqueiriano- do "Café-bar Santos-perruquería" valéndose da narración de Juan Santos e da impagable chispa do seu pai Pepe.

A peza percorre sen présa as estancias da barbeiría, do bar e da perruquería deténdose en cada unha delas para explorar os sons e detalles nos que nunca reparamos malia ter estado alí centos de veces. Sonia coloca a cámara estratexicamente e gorécese á mantenta detrás dela para interferir o menos posible nesta auténtica reflexión sobre o paso do tempo e o cambio dos tempos. Unha ollada protagonizada polo espazo e por persoas que, aínda non dicindo nada, contan moito desa esencia case de realismo máxico que desprende o que todos e todas coñeceremos sempre como "O barbeiro"

Equipo

Dirección

Galería

bar santos