Sinopse
Quixera é o desexo de reflectir a ilusión polo proxecto, a posta en marcha ilustrada en imaxes que resumen o proceso de elaboración da peza
Cociña da peza
A inspiración da súa peza para Chanfaina´Lab, agromou da inquedanza persoal de Fran, tal como conta en "Pois estache boa a chanfaina": "O punto de partida era facer timelapses coas bonecas das "Lolas da Cascarilla" nos lugares mais fermosos e representativos do Concello; mais logo fun topando moitos problemas técnicos porque as bonecas eran de millo e non se prestaban para animación. Ao final funme decatando por unha morea de cousas, onde metín todo o que eu quixera contar e así saíume esta peza moi persoal, como unha amalgama de ideas e sensacións que reflicten todo o que tiña dentro de min. Para min foi unha experiencia inolvidable".
En "Quixera" asistimos ao nacemento dun cineasta con mirada propia e que sen dúbida aínda ten moitas historias que contarnos. Fran Bermúdez é un creador polifacético que está a procurar o seu camiño entre a escrita, o audiovisual, o debuxo e a música. Con esta peza está convencido de que os veciños e veciñas de San Sadurniño "coñeceranme un pouco mellor" e permitiralle medrar como cineasta. Un gran punto de partida para un creador que tenta desvelar coa súa mirada o devalar da comunidade na que se asentou por elección. A chanfainalab e a veciñanza da Lobeira tamén "quixeran" máis filmes de Fran Bermúdez.
Equipo
Dirección
Galería
