Ir ao contido principal

SANSa SOLEIL

Otto Roca

I Chanfaina Lab2014

Entre solarigrafías, néboas e fumes nocturnos, "SANSa SOLEIL" convídanos a mirar a paisaxe dende os ollos invisibles da propia natureza, alén dos límites da visión convencional.

Duración
Localización
NaraíoLamasFerreira

Sinopse

O rexistro do sol de outono en diversas localizacións de San Sadurniño empregando unha técnica chamada solarigrafía.

Cociña da peza

O filme de Otto foi construído a base de solarigrafías de longa exposición que rexistran a pegada do sol sobre da paisaxe. Para obtelas colocou 12 cámaras estenopeicas -latas de cervexa- cargadas con papel fotosensible por diferentes parroquias de San Sadurniño. Tamén gravou os fumes nocturnos da factoría Intasa ou as néboas de Naraío. O resultado son imaxes nas que a natureza estase a contemplar a si mesma, fóra dos límites da vista convencional, unha sorte de visión que nos achega ao que miran as rochas ou as árbores dende dentro da propia paisaxe. "SANSa SOLEIL" nos convida a unha experiencia sensorial sobre a nosa relación coa luz, o espazo e o tempo. Todo o que temos diante dos ollos, mais na meirande parte das veces non somos capaces de ver.


Equipo

Dirección

Galería

cemiterio de Naraío