The Brinqueta
IX Chanfaina Lab2024
Un canto á felicidade con rabo
- Duración
- Localización
- Santa Mariña do Monte
Sinopse
Lina sentíase soa e de súpeto apareceu Pepa. Dende entón andan todo o día de brinqueta
Cociña da peza
Fran da Lobeira é un tipo ecléctico, polifacético, hiperactivo e xeneroso, e membro do equipo de cociña da Chanfainalab que, o mesmo leva as redes sociais, que colabora con calquera cineasta que o solicite, como fixo nesta edición con "A gatiñeira de San Sadurniño" de Fernando Cortizo entre outras moitas. Fran é unha especie de home orquestra absolutamente imprescindíbel para todo o colectivo de cineastas chanfaineiros, de xeito que grava a curta cando pode: "A idea inicial era facer un vídeo para concienciar á xente de que hai moitas alternativas rendibles antes que plantar eucalipto, mais a vida, iso que pasa entre cita e cita do calendario, unha nova ocupación no traballo e temas da asociación que presido, leváronme a facer unha peza aproveitando unha chea de vídeos que tiñamos gravados, Lucía mais eu, das miñas cadelas Lina, á que xa coñecestes en Trae! e a súa “irmá” Pepa, que veu para a Lobeira despois da pandemia e fixo o pasado 7 de novembro de 2024 catro anos"
"The Brinqueta" é un percorrido dinámico pola ledicia de vivir dunha cadela que é amada e vive feliz coa súa familia humana e canina. Fran engádelle ese toque lobeirés, cun punto acelerado e retranqueiro que bebe nas narrativas youtubeiras e caracteriza boa parte das súas curtas. "A peza final podo dicir que dende "Quixera" é a máis persoal que teño feito. Tento amosar a vida leda das miñas cadelas. Como son capaces de brincar ata a extenuación sen parar nin un momento. É unha pequena homenaxe en vida, e que vivan moitos anos máis, á axuda que me brindaron a principios do 2023, cando pasaba un dos peores momentos da miña vida a nivel anímico e emocional. Os seus xogos e as súas carreiras foron quen de levar a miña cabeza por derroteiros moito máis amigábeis dos que viña seguindo. Coido que se entrevé o cariño que lles chega a coller un ás mascotas, que co tempo, convértense en parte da “manada” humana, ou como lle dicimos nós, da familia". En definitiva, unha proba máis do talento e o amor polos membros caninos da súa familia deste "creador de contidos" xa imprescindible en cada edición
Equipo
Dirección
Equipo técnico
- Cámara
- Lucía da Lobeira
Música
"Dúo para frauta en mi menor" de Johan Sebastian Bach interpretada polas frautistas locais: Érika González Pérez e Noreia Hermida Pérez
Tamén participaron
Reparto: Puri González, ademais das protagonistas: Lina e Pepa
Galería

