Ir ao contido principal

Dende a orixe

Gabriel Tizón

II Chanfaina Lab2015

Fusiona persoas e territorio nunha mesma ollada fotográfica, capturando o espírito da Chanfainalab con sinxeleza e proximidade

Duración

Sinopse

Unha ollada moi persoal ao territorio e cineastas da Chanfaina a través da cámara fotográfica de Gabriel Tizón

Cociña da peza

Como xa fixera na I Chanfaina Lab, Gabriel agasallounos coa súa xenerosidade e achegouse á Chanfaina por segunda vez, disposto a enxergarse no territorio e o traballo dos cineastas invitados: "Desta volta tentei fusionar os personaxes coa paisaxe, unha mestura entre cineastas chanfaineir@s, os propios “retratados” e os espazos que forman parte do entorno dos protagonistas. Todo elo dende o meu punto de vista persoal conformando unha colección de fotografías sinxelas, moi fieis ao meu estilo de traballo, xa que me limitei a aproveitar o que tiña diante e fusionar creadores, seres vivos e paisaxe..."
Así pois, "Dende a orixe" é un fermoso colofón á Chanfaina 2015, onde poderemos ver a creadores, veciños e veciñas enxergados nos espazos de gravación dende os ollos de Gabriel Tizón. Unha peza que sintetiza á perfección o espírito da Chanfainabab: un encontro de cineastas que proxectan a súa mirada creativa con liberdade sobre o microcosmos das xentes e o territorio de San Sadurniño.

Equipo

Dirección

Galería

Dende a orixe de Gabriel Tizón