Ir ao contido principal

Liorta

Alfonso Zarauza

I Chanfaina Lab2014

Zarauza escolle a ficción como quen dispara unha canción de Johnny Cash: unha viaxe sen retorno por San Sadurniño, onde o humor, a feira e o ceo de Peckinpah se mesturan nun relato case invisible.

Duración
Localización
San Sadurniño

Sinopse

Un home, unha longa noite de troula e un atormentado amencer en San Sadurniño

Cociña da peza

Para a Chanfaina'lab, Zarauza apostou por unha ficción un tanto peculiar, porque sabía que a maioría dos seus compañeiros ían apostar polo documental, así que decidiuse claramente por realizar unha ficción narrativa, aínda que non dun xeito convencional. "As miñas premisas eran esas, que fora ficción e que tivera, a ser posible, certo sentido do humor. E finalmente tirei por aí e creei unha pequena peza de ficción narrativa, mais sen actores e cunha narración máis implícita que explícita". A súa fonte de inspiración foi unha canción de Johny Cash "Matei a un home en Reno, simplemente por velo morrer..." Tamén foi un referente o cinema crepuscular de Sam Peckinpah que envolve a viaxe sen retorno do personaxe, mentres mira ao ceo empedrado, seguindo a maraña de cabos que atan de poste en poste San Sadurniño e tamén o resto de Galicia. Por outra banda, a peza engarza cunha certa tradición festeira e brava das parroquias do concello, que está moi presente na canción popular "Fun a feira de San sadurniño".

Equipo

Dirección

Galería

Liorta