
Alfonso Zarauza
1973Santiago de Compostela
Cineasta que transforma o cotiá en cinema íntimo e ateigado de verdade, onde o real e o poético camiñan sempre xuntos.
- Edicións como cineasta
- I2014
- Roles nas películas
- InterpretaciónDirección
Biografía
Alfonso Zarauza foise consolidando chanzo a chanzo como un dos máis prometedores directores do cine galego. Dende as primeiras curtametraxes na Escola de Imaxe e son de Coruña, Zarauza foi madurando como un autor con mirada propia: na melancólica e lírica longametraxe "A noite que deixou de chover"; na lúcida análise sobre as dificultades de facer cinema en Galicia de "Encallados", ata a consagración profesional definitiva que supón "Os fenómenos", en exhibición comercial durante o 2014 e con catro premios "Mestre Mateo" .
Filmografía en Chanfaina Lab
2 películas