Sinopse
Ronseis de seres vivos, paisaxes e obxectos do territorio da Chanfainalab a través dos ollos do fotógrafo Gabriel Tizón
Cociña da peza
Como xa fixera noutras edicións da Chanfainalab Gabriel agasallounos coa súa xenerosidade e achegouse á Chanfainalab por terceira vez, disposto a enxergarse no territorio e o traballo d@s cineastas invitad@s: "Desta volta tentei fusionar os personaxes coa paisaxe, unha mestura entre cineastas chanfaineir@s e os espazos e seres vivos que forman parte do entorno dos protagonistas. Todo elo dende o meu punto de vista persoal conformando unha colección de fotografías sinxelas, moi fieis ao meu estilo de traballo, xa que me limitei a aproveitar o que tiña diante e fusionar creadores, animais e paisaxes..."
Así pois, as imaxes de "Pegadas" son un mosaico intencionadamente composto con momentos especiais de grande potencia visual, onde Gabriel aporta a súa moi persoal ahega á Chanfainalab e que imbúe de beleza e significado a dous días de convivencia creativa. Un fermoso colofón á Chanfaina 2017, onde poderemos ver a creador@s, animais, veciños e veciñas enxergados nos espazos de gravación dende os ollos de Gabriel Tizón. Unha peza para deixarse levar polo humanismo e ironía do gran fotógrafo ferrolán e que sintetiza á perfección o espírito da Chanfainabab: un encontro de cineastas que proxectan a súa mirada creativa con liberdade sobre o microcosmos das xentes e o territorio de San Sadurniño.
Equipo
Dirección
Galería
