Ir ao contido principal

Sinopse

Emulando ao mestre Gabriel Tizón, mais dándolle un xiro de porca, gravando vídeo en troques de só imaxe fixa, salvando moito as diferenzas dun grande coma Gabriel, e a golpe dun “de que vai a túa peza?” Fran da Lobeira amósanos o que pretendían gravar aló por setembro as nosas chanfaineiras e chanfaineiros, e nalgún caso mesmo o que non puido ser

Cociña da peza

Con motivo de xestionar as redes sociais da presente Chanfainalab, Fran veuse obrigado a adiar a idea que tiña en mente para a súa peza desta edición, polo que, lembrando o que lle molaban as miradas persoais do fotógrafo Gabriel Tizón en pasadas edicións, decidiuse por elaborar un “making-off” do Chanfaina Lab, ao xeito que fixera con "Así se fixo TRAE!" no 2019. Co seu móbil na man, visitou a todos e todas as cineastas que se deixaron ver ou que o chamaron para seren gravadas, baixo a pregunta “de que vai a túa peza?”. Así foi como conseguiu rexistrar a idea inicial de 13 das 22 participantes, e mesmo o cambio posterior dalgunha delas que o contactou a posteriori. Non deixou de facer un guiño á que ata o de agora foi a súa peza máis querida, TRAE!, retratando nos segundos iniciais como Lina mexa, pasado o susto de perder a súa pelota, e marcha tranquilamente, dando pé ao catálogo de espoilers chanfaineiros

Desta volta, Fran participou nos obradoiros de Fran X. Rodríguez sobre montaxe e David Machado sobre edición de son, axudou no que puido ao resto dos participantes e colaborou na edición das pezas de Cruz Piñón, Consuelo Picos, Carmen Bouza e Carmen Couce e mais nalgúns arranxos de montaxe de última hora na curta de Abel Vega: " Non é en absoluto a peza que tiña na cabeza, pois gustaríame ter gravado as ideas iniciais de todas as participantes, así como moitos máis planos recurso dos que dispuña para a montaxe, mais o resultado final de "Espoiler chanfaineiro" paréceme resultón e unha aceptable intro desta VII edición do mellor certame de cinema xamais creado, que podería encadrarse no xénero xornalístico amador sen ningún lugar a dúbida.

Equipo

Dirección

Música

"God Rest Ye Merry Gentlmen" de DJWilliams

Galería

spoiler chanfaineiro