Ir ao contido principal

Proba de axilidade

Jaione Camborda

I Chanfaina Lab2014

Proba de axilidade’ transforma o encontro entre humanos e animais nunha coreografía viva, onde o movemento e o cinema se funden nunha mesma respiración experimental

Duración
Localización
Naraío

Sinopse

Peza fílmica onde se observa a relación do home e o animal nun contexto de competición. Rodada en celuloide en formato Super 8, a obra invita a disfrutar do matérico, do seu movemento e a sua axilidade.

Cociña da peza

A cineasta veu á Chanfaina'lab coa intención de utilizar o formato fotoquímico do super 8 mm. Escolleu o espazo de actividades de Lobos de Naraío , "porque estou moi interesada nas relacións entre o home e os animais nun contexto de competición." En "Proba de axilidade" esa relación vaise transformado paseniñamente ata se converter case nunha coreografía, onde os movementos de homes e animais mestúranse harmonicamente, na procura de “cómo o xesto na imaxe invoca o que subxace e se despraza”. A peza vai construída con formas e texturas dinámicas que lembran os filmes documentais da vangarda dos anos sesenta. A banda sonora minimalista e orixinal reforza aínda máis a mirada experimental e arriscada de Jaione.
""Proba de axilidade"" é pois unha invitación a sentir esa peculiar simbiose que se produce entre homes e animais cando realizan actividades en común, a disfrutar do seu movemento e axilidade, mais tamén a degustar da textura do "cinema" con mirada propia.

Equipo

Dirección

Galería

Proba de axlidade