Biografía
César Galdo é un polifacético xornalista, realizador audiovisual e fotógrafo galego, orixinario da parroquia de Naraío, no concello de San Sadurniño (A Coruña). É coñecido no ámbito cultural local e rexional, tanto polo seu labor na comunicación institucional como polo seu traballo na recuperación do patrimonio audiovisual de Galicia. Ten taballado en Televisión de Galicia (TVG), Acordar e Entremedias Comunicación. Actualmente é director de comunicación do Concello de San Sadurniño, onde xestiona o Servizo de Divulgación de Contidos Municipais.
Filmografía en Chanfaina Lab
3 películas
Vellamorta
- Edición
- VIII2023
- Rol
- Operador de dron