Ir ao contido principal

Entidades colaboradoras

Chanfaina Lab é posible grazas ao traballo conxunto de múltiples institucións públicas, asociacións locais, colectivos culturais, empresas e persoas que apostan pola dinamización do rural a través das artes e da creación audiovisual,

Ao longo das últimas edicións o proxecto contou co impulso do Concello de San Sadurniño e co patrocinio da Deputación da Coruña, que facilitan a infraestrutura e os recursos necesarios para a celebración do encontro. A estes apoios institucionais súmanse numerosas asociacións culturais e veciñais da zona, como a Asociación Cultural Recreativa e Deportiva Santa Mariña do Monte, a Asociación Veciñal Xuntanza de Lamas, a Asociación Veciñal O Pico de Ferreira, a Asociación Veciñal O Castelo de Narahío ou a Asociación Cultural e Deportiva Cofradía de San Pipote, entre outras. 

Ademais, proxectos como a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema PROXECTA, a Mostra Internacional de Cinema Periférico (S8), Festival de Cans, Cine do Eo  e a Mostra Mares da Fin do Mundo colaboran brindando apoios e visibilidade extra ao evento. Tamén participan entidades educativas e espazos de formación como Aula Cemit, e negocios locais que ofrecen espazos e servizos para actividades paralelas, como cafés, bares e mesóns do municipio. 

Estas colaboracións permiten que o Chanfaina Lab sexa moito máis que un encontro de cine: convértese nun proxecto que integra o territorio, a comunidade e as prácticas culturais nun espazo aberto e participativo.