Ir ao contido principal

O bosque do Chanfaina Lab

Cada edición deixa unha árbore, unha pegada e unha memoria, creando aos poucos un bosque que medra xunto ás historias e cineastas que pasan polo Chanfaina Lab

Un dos ritos anuais da Chanfaina Lab é a plantación dunha árbore no Arboreto de San Sadurniño ao carón da estatua á deusa Navia. Así foise conformando un pequeno bosque con árbores senlleiros que xa son memoria compartida doutros cineastas participantes no devalar das diferentes edicións. Grazas ao compromiso de Manolo Varela con esta iniciativa nun dos lugares máis fermosos e visitados do noso concello. Polo momento, no bosque da Chanfaina Lab están plantados: Acivro (2013), Sabugueiro (2014), Érbedo (2015), Bidueiro (2016), Loureiro (2017), Castiñeiro (2018), Moreira negra (2019), Abeleira (2022), Sanguiño (2023), Pereira brava (2024), Maceira brava (2025), Ameixa negra (2026).

Bosque do Chanfaina Lab