Ir ao contido principal

As Lolas da Cascarilla

Na Chanfaina Lab todas as persoas cineastas participantes reciben como premio unha orixinal figura de follas de millo elaborada segundo unha antiga tradición popular hoxe esquencida.

Os premios do Chanfaina Lab outórganse de xeito democrático a todas as persoas participantes en cada edición. Son figuras únicas realizadas en follas de millo.

Lolas da Cascarilla

Hai dez anos que tres artesás de San Sadurniño, Ana Lamas (Igrexafeita, 1969), Mar Hermida (Naraío, 1966) e Lucía Ríos (Santa Mariña do Monte, 1979) converteron unha arte popular vencellada á esfolla na expresión da súa marca creativa e comercial.

Entrega das Lolas Chanfaineiras e o Bernardino de Lamas na X Gala Chanfaina Lab

“As Lolas da Cascarilla”, fan arte con follas de millo propias ou as da veciñanza que lles ceden as follas a cambio de que llelas quiten. Elas son as responsábeis dos premios con que todos os anos agasallamos ás cineastas participantes.

Lolas chanfaineiras
Lolas Chanfaineiras