Ir ao contido principal

Obradoiros

Chanfaina Lab converteuse tamén nunha escola aberta de cine, achegando ao territorio coñecementos e ferramentas para aprender a mirar, crear e contar historias a través do audiovisual.

Outra das actividades da Chanfainalab son os obradoiros de iniciación, nomeadamente dirixidos aos cineastas locais ou afeccionados  de Ferrolterra. No devalar das diferentes edicións foise debullando en varios aspectos da linguaxe e a práctica audiovisual. Os obradoiros son de entrada libre ata completar a inscrición. Estes foron os obradoiros realizados:

III Chanfaina Lab (2016)

- “Retrata San Sadurniño: son de aquí, miro así”. Impartido polas directoras Ana Seijo e Sabela Pernas (Videodinamizarte).

IV Chanfaina Lab (2017)

-"Folclore dixital: o uso cultural dos memes, os microvídeos e os gifs animados" impartido pola xornalista e experta en Internet María Yañez

Monta-móbil” impartido polo artista visual Juan Lesta

Cine rural. O cinema da soberana submisión” impartido polo director Oliver Laxe.

V Chanfaina Lab (2018)

“Introdución ao son, a gravación e a interpretación do espazo sonoro local" Impartido polo sonidista Carlos Suárez.

"Iluminación de andar pola casa" Impartido por Alberte Branco

VI  Chanfaina Lab (2019)

"A montaxe non é pegar planos" impartido pola montadora e directora Sandra Sánchez

Crea a túa APP” impartido por AMTEGA

“Introdución á fotografía 3D” impartido polo experto en fotografía 3D Anxo Santomil

VII Chanfaina Lab (2022)

"Corte a corte" impartido polo director e montador Fran X Rodríguez:

“Isto non se arranxa na posprodución” impartido polo sonidista David Machado

IX Chanfaina Lab (2024)

"Obradoiro de Interpretación" impartido polo actor Kevin Lorenzo

"Sobrevivir a unha filmación" impartido polo director e produtor Domingo Díaz.

"Despois da rodaxe, tesoira" impartido polo artista visual Juan Lesta

 X Chanfaina Lab (2025)

"Obradoiro de Interpretación" impartido polo actor Kevin Lorenzo

“Dirección de fotografía”, impartido polo fotógrafo e cineasta Iago Lourido

XI Chanfaina Lab (2026)

Contar co cine. Unha introdución ao guión”, impartido polo guionista e produtor Pepe Coira A proposta achegará as persoas asistentes ás ferramentas básicas da escritura cinematográfica e á construción dunha historia pensada para ser contada a través do cine.

“Hoxe móntase! Contando historias plano a plano” impartido pola montadora Lucía Iglesias . A sesión permitirá coñecer o proceso de construción dunha peza audiovisual a partir das imaxes gravadas e explorar como a selección, a orde e a duración dos planos inflúen na maneira de contar unha historia.